Saturday 18 de May de 2024

A Xunta de Galicia renova as camas en seis centros residenciais públicos da Coruña, Santiago, Ferrol e Cabanas para mellorar o benestar das persoas usuarias


Repartíronse 146 novas unidades nestas instalacións para avanzar no servizo asistencial das persoas usuarias
A Xunta de Galicia acomete a renovación das camas en seis centros residenciais públicos de maiores e de persoas con discapacidade na Coruña, Santiago de Compostela, Cabanas e Ferrol. A Consellería de Política Social fixo o reparto esta semana de 71 novas unidades entregadas pola Consellería de Sanidade, despois de que se realizase un primeiro reparto de 75.
Esta mellora nos centros residenciais enmárcase no obxectivo de seguir avanzando no benestar das persoas usuarias. En concreto, na provincia da Coruña repartíronse un total 146 unidades entre seis instalacións. En toda Galicia renováronse 441 camas en preto dunha vintena de centros de servizos sociais, tanto de atención a maiores como a persoas con discapacidade.
Desta maneira, seis centros da provincia coruñesa contan con novo mobiliario. En concreto, o Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade (Cegadi) de Santiago de Compostela recibiu 35; a residencia de maiores de Oleiros, 87; Torrente Ballester (A Coruña) contou cunha decena; a de Laraxe (Cabanas) tivo sete novas; a de Ferrol, cinco; e a residencia de Souto de Leixa (Ferrol) contou con dúas novas camas.